lunes, 20 de diciembre de 2010

Santa Comba 4-3 Corcubión

Santa Comba: Pablo, Martín, Sergio, Daniel, Francisco, Javier, Marcos, Diego, Roberto (Jose Manuel min.84), Pablo Pérez (Marcos Recarey min.89), Iván

Corcubión: Abe, Chema (David min.70), Marcos, Sergio (Denís min.30), Pablo, Lema, Toni, Iván (Roberto min.79), Pico (Kike min.75), Brais, Manu
Goles: 1-0 min.6 Martín (p); 1-1min.11 Brais; 1-2 min.19 Manu; 2-2 min.21 Pablo Pérez; 2-3 min.24 Brais; 3-3 min.30 Iván; 4-3 min.56 Pablo Pérez

Cartóns: amarelos para Javier e Marcos por parte do Santa Comba, e Jorge (delegado) por parte do Corcubión e por dobre cartón para o adestrador do Corcubión Alfonso.

Encontro moi emocionante na primeira metade con 6 goles nos 30 primeiros minutos. Duelo de equipos da parte alta da táboa con bo fútbol para os poucos asistentes o Municipal de Castriz. O encontro retrasouse un par de minutiños xa que o arbitro chegou cando so quedaban 15 minutos para o comezo.

Comezou adiantándose o Santa Comba tras un claro penalti que seria protestado polo banquillo visitante xa que o colexiado concedeu a lei da vantaxe na xogada e despois pita penalti. Pero nunha xogada típica ultimamente no Corcubión, Brais, tralo saque dunha falta en longo, collería o rexeite e batería ao porteiro e 8 minutos mais tarde, nunha contra Manu, co porteiro adiantado, marcaría pola escuadra sen darlle a posibilidade de chegar a tocalo balón.
O Santa Comba non se viría abaixo e seguiría atacando e noutro erro da defensa, marcaría Pablo fusilando por baixo tras un rexeita na area pero 3 minutos despois Brais, o goleador do equipo e protagonista nestas ultimas xornadas, poría ao Corcubión outra vez por diante.
Como o partido estaba tolo o Santa Comba foise carra arriba e aproveitaríase doutro erro da defensa para poñer a igualada no marcador ate chegar ao descanso. Nesta primeira metade veuse bo fútbol por parte dos dous equipos que foron a gañar o partido en todo momento.

A segunda metade comezou sen cambios, os dous equipos seguiron indo cara a portería contraria, tendo moi boas ocasión o Corcubión para volver a adiantarse pero por mala sorte ou falta de definición, non foi capaz de marcar. Pero si seria o equipo local o que, no minuto 56, que marcaría para poñer o resultado final no marcador. Cabe destacar que Abe parou outro penalti, o seu rexeite e outra vez o rexeite que faría que os poucos asistentes quedaran abraiados. Outro penalti pitado e protestado polo Corcubión, aínda que foi claro, por que outra vez o arbitro deixou a lei da vantaxe cando isto non se pode facer. Poucos minutos despois seria expulsado o adestrador visitante Alfonso, por protestar ensinarialle o primeiro cartón amarelo, e por non situarse na area técnica o segundo, todos no mesmo minuto. O curioso e que ningún campo da costa ten o que eles chaman “area técnica” e o adestrador estaba situado entre o banquillo e o liña do medio campo.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Corcubión-Dumbría

Corcubión: Abe, Chema (Roberto min.20), Sergio, Pablo, Marcos, Lema, Antonio (Cristian min.45), Iván (Iago min.72), Manu, Brais (Mario min.65), Kike (Pico min.45).

Dumbría: Ángel, Eduardo (Martín Piñeiro min.45), Samuel, Sergio (Rubén min.35), Javier (J. Manuel Blanco min.78), Adrián,  Damián (Rafael min.70), J. Manuel Pérez, M.Antonio, Israel, Martín Pérez.

Goles:  1-0 Brais min.9, 1-1 Damián min.13, 2-1 Manu min.26, 3-1 Brais min.31, 4-1 Brais min.34,5-1 Manu min.80, 5-2 Martín Pérez min.86, 5-3 Martín Piñeiro min.91

Comezou o partido dominando o Corcubión por medio de Brais no minuto 9, pero uns minutos mais tarde, Damián, axudándose dun rebote nun xogador local, poría o empate no marcador, pero Manu no 26 e Brais, por dúas veces nos minutos 31 e 34 puxeron ao Corcubión por diante no marcador, mostrando a superioridade sobre o Dumbría. Este ultimo gol veu dun córner que sacan en corto sen que a defensa se dera conta e Brais foi so cara portería e bateu ao porteiro. Hat-trick do máximo goleador local que suma así 3 goles mais a súa conta particular.

Na segunda metade o Corcubión daríalle minutos aos seus xogadores menos habituais e ate o porteiro local acabaría xogando de xogador. Aínda que o Corcubión se relaxou un pouco, Manu volveu a marcar facendo o seu segundo tanto da tarde, pero a relaxación do Corcubión fixo que o Dumbría se viñese arriba, que recortara a diferenza no marcador e puxo en apuros ao Corcubión que, de seguir uns minutos mais, acabaría empatando o partido.

Moi vos 3 puntos para o Corcubión que se sitúa terceiro pero agora veñen seguidos os rivais fortes nos que debería gañar se queren coller aos dous loitadores polo titulo.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Corcubión 2-1 Outes


Corcubión: Abe, Chema, Marcos, Pablo, Denís, Sergio, Lema, Antonio (David min.56), Manu, Iván, Kike (Mario min.86)

Outes:  Jonathan, Óscar, Alejandro ( Pablo min.87, Juán A. ( Rubén min.79), Alexandre, Alfonso, David, Sergio, Eduardo, Ismael, Adrián Otero (Pablo García min.69)

Goles: 1-0 Lema min.7; 1-1 Óscar min.10; 2-1 Lema min.64

Encontro con moito vento no Novo Cubaleiro que fixo que os dous equipos cometesen erros ao non poder controlar ben o esférico.

Na primeira metade, o Outes era quen tiña o vento a favor e creaba serias dificultades na defensa rival, pero no minuto 7, Marcos saca un córner que peta no longueiro  e na area pequena, Lema remata a pracer. Pero non lle duraría moito a alegría ao equipo de Alfonso xa que 3 minutos mais tarde, un despexe  axudado polo vento pasa sobre o medio campo corcubionés, e Óscar, nun 2 para 1 coa defensa, marca o empate, que duraría toda a primeira parte. Nesta xogada, o equipo visitante pediría penalti sobre o propio Óscar cando ia so cara a portería , e un xogador local faríalle a zancadilla pero o colexiado non o apreciou así.

Xa na segunda parte o Outes quixo ter o balón, e a falta de despexalo, preferiu xogar por raso complicándolle a vida a defensa local. As opcións que tivo o Corcubión foron as de aproveitar a súa velocidade arriba pero, co vento que facía, era o esférico o que corría mais que os propios xogadores. No minuto 64 en outro córner, Lema, desta vez de cabeza no primeiro pau, decantou o partido para o seu equipo e non se volvería mover o marcador, aínda que as dúas escuadras intentaríano, o Outes seguiría facendo xogadas por raso moi perigosas, e o Corcubión con balón en largo e con xogadas a balón parado.

Cabe destacar que o encontro foi moi limpo sen ningunha cartolina por parte de ningún dos dous equipos.