viernes, 4 de marzo de 2011

Relevo na Federación e a S.D. Esteirana

NOVO PRESIDENTE:

A costa mobilizouse contra o eterno presidente Julio Meana. Pero non foi so a Costa a que se mobilizou xa que o novo presidente,  García Liñares, recibiu 115 votos mentres que Meana recibiu 29, unha clara desconformidade do modelo de xestión para unha Federación obsoleta, anticuada e pouco ensinada coas novas tecnoloxías. Agora toca esperar a que o novo presidente cumpra as súas promesas.

 Quero con isto dar os parabéns o alcalde de Cerceda polo seu nomeamento como presidente.




A S.D. ESTEIRANA:

Lía hoxe en http://www.quepasanacosta.com/ que se lle embarga a conta bancaria a S.D. Esteirana por unha indemnización que hai que pagarlle ao Banco Vitalicio trala morte dun home durante a celebración do Gran Prix de Carrilanas do ano 2000. Isto imposibilita que dispoña dos recursos monetarios para pagar os seus desprazamentos e para pagar aos colexiados. Por iso os veciños deberían colaborar nestes momentos de fraqueza co club da súa vila que recentemente foi elixido como uns dos representantes da costa para a elección de presidente.

Unha aperta para estes compañeiros e que esperamos que un equipo da Costa non desapareza.