domingo, 18 de septiembre de 2011

Soneira 4-1 Corcubión

Soneira: Víctor (Juan José min.52), Cesar (Rubén Castro min.55), Marcos (Alberto min.66), Sergio, Héctor, Rubén Toja, Cristian Figueroa (Jesús min.77), Cristian Canosa, Luis Miguel, Javier, Ricardo (Francisco min.79)

Corcubión: Abe, Adrián, Pablo, Sergio, Toni, Gabi, Javi, Lema, Adri (Kike min.59), Manu (David min.61), Iván Lagoa (Mario min.71)

Goles: Manu 0-1 min.20, Cristian Canosa 1-1 min.31 e 2-1 min.33 (p), Ricardo 3-1 min.38, Luis Miguel 4-1 min.61.


Comezou a liga e os 2 equipos quixeron demostrar o seu poderío nesta liga, o partido comezou cun ida e volta pero o Corcubión era o que levaba a iniciativa, no min.17 tivo unha boa ocasión  nunha falta botada a barreira pero a contra , Pablo nun roubo de balón comete falta e veu o cartón amarelo. Poucos minutos despois chegaría o gol visitante tras unha xogada embarullada na área que sae para o borde e Gabi mete un centro o segundo pau que remata Manu de volea. Dispuxo mais ocasións de marcar o Corcubión incluso cun tiro o longueiro de Lagoa pero no min.31 Cristian Canosa tras un bo desmarque e no min.33 tras un penalti discutido, conseguiu a remontada para o seu equipo en tan so 2 min. Un balón en longo do porteiro, moi perigosos durante todo o partido, foi aproveitado por Ricardo que, tras uns erros na defensa visitante, queda so contra o porteiro e marca o 3-1 no min.38. Antes de chegar ao descanso o Corcubión reclamou que sendos remates de cabeza foron despexados dende dentro da portería pero o marcador non se moveu.

Tralo descanso viuse a un Soneira ben colocado no campo e a un Corcubión impotente ao que os erros en defensa fixeronlle pagar caro o partido. O Corcubión intentabao con centros cara a portería pero os balón en longo creaban moito perigo por parte do Soneira cos seus homes rápidos arriba en un rexeite dun corner, Luis Miguel no 16 da segunda metade fixo o definitivo 4-1 co que deixaba o partido sentenciado e a espera de que o colexiado pitase o final do encontro.

Bo equipo o do Soneira dende a dirección de Ana Mouzo e Daniel pero non como o demostrado o ano pasado e o Corcubión,que mantén o bloque que os fixo quedar terceiros a tempada anteriror, necesita mellorar nos aspectos defensivos se quere pelexar por entrar na fase de ascenso.