jueves, 14 de octubre de 2010

Dumbría - Corcubión (0-0)


• Dumbría: Brais, Sergio, Dito, Adrián, Samuel, Blanco, Jose, Juanma, Marco, Israel, Damián. Tamén xogaron: Rubén, Rubén Fdez. e Dani.
• Corcubión: Abelleira, Chema, Marcos, Pablo, Sergio, David, Iván, Pico, Brais, Enrique, Manu. Tamén xogaron: Denís e Mario.
• Expulsión: Manu do Corcubión no min.44 por unha patada sen balón.

Partido igualado o disputado no Conco que así o reflexa o marcador. Partido de idas e voltas no que os dous equipos puideron marcar pero os dous porteiros estiveron a un bo nivel. Un partido con algúns cartóns amarelos e ata un cartón vermello aínda que estes datos non son sinónimo de dureza no partido senón que houbo bastantes entradas a destempo ata algunha que so levou tarxeta amarela podería ser doutra cor. Partido tamén marcado polas baixas que tiveron ambos adestradores, ademais notábase que era o primeiro partido da tempada xa que a segunda metade foi un claro ida e volta marcado pola forma física dos dous equipos.

Tan so 2 equipos foron capaces de lograr os tres puntos nesta primeira xornada o que fai que o empate non fose un mal resultado. Haberá que esperar ate a próxima xornada para ver se caen os tres primeiros puntos aínda que o rival tampouco o poñerá fácil

No hay comentarios:

Publicar un comentario