lunes, 20 de diciembre de 2010

Santa Comba 4-3 Corcubión

Santa Comba: Pablo, Martín, Sergio, Daniel, Francisco, Javier, Marcos, Diego, Roberto (Jose Manuel min.84), Pablo Pérez (Marcos Recarey min.89), Iván

Corcubión: Abe, Chema (David min.70), Marcos, Sergio (Denís min.30), Pablo, Lema, Toni, Iván (Roberto min.79), Pico (Kike min.75), Brais, Manu
Goles: 1-0 min.6 Martín (p); 1-1min.11 Brais; 1-2 min.19 Manu; 2-2 min.21 Pablo Pérez; 2-3 min.24 Brais; 3-3 min.30 Iván; 4-3 min.56 Pablo Pérez

Cartóns: amarelos para Javier e Marcos por parte do Santa Comba, e Jorge (delegado) por parte do Corcubión e por dobre cartón para o adestrador do Corcubión Alfonso.

Encontro moi emocionante na primeira metade con 6 goles nos 30 primeiros minutos. Duelo de equipos da parte alta da táboa con bo fútbol para os poucos asistentes o Municipal de Castriz. O encontro retrasouse un par de minutiños xa que o arbitro chegou cando so quedaban 15 minutos para o comezo.

Comezou adiantándose o Santa Comba tras un claro penalti que seria protestado polo banquillo visitante xa que o colexiado concedeu a lei da vantaxe na xogada e despois pita penalti. Pero nunha xogada típica ultimamente no Corcubión, Brais, tralo saque dunha falta en longo, collería o rexeite e batería ao porteiro e 8 minutos mais tarde, nunha contra Manu, co porteiro adiantado, marcaría pola escuadra sen darlle a posibilidade de chegar a tocalo balón.
O Santa Comba non se viría abaixo e seguiría atacando e noutro erro da defensa, marcaría Pablo fusilando por baixo tras un rexeita na area pero 3 minutos despois Brais, o goleador do equipo e protagonista nestas ultimas xornadas, poría ao Corcubión outra vez por diante.
Como o partido estaba tolo o Santa Comba foise carra arriba e aproveitaríase doutro erro da defensa para poñer a igualada no marcador ate chegar ao descanso. Nesta primeira metade veuse bo fútbol por parte dos dous equipos que foron a gañar o partido en todo momento.

A segunda metade comezou sen cambios, os dous equipos seguiron indo cara a portería contraria, tendo moi boas ocasión o Corcubión para volver a adiantarse pero por mala sorte ou falta de definición, non foi capaz de marcar. Pero si seria o equipo local o que, no minuto 56, que marcaría para poñer o resultado final no marcador. Cabe destacar que Abe parou outro penalti, o seu rexeite e outra vez o rexeite que faría que os poucos asistentes quedaran abraiados. Outro penalti pitado e protestado polo Corcubión, aínda que foi claro, por que outra vez o arbitro deixou a lei da vantaxe cando isto non se pode facer. Poucos minutos despois seria expulsado o adestrador visitante Alfonso, por protestar ensinarialle o primeiro cartón amarelo, e por non situarse na area técnica o segundo, todos no mesmo minuto. O curioso e que ningún campo da costa ten o que eles chaman “area técnica” e o adestrador estaba situado entre o banquillo e o liña do medio campo.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Corcubión-Dumbría

Corcubión: Abe, Chema (Roberto min.20), Sergio, Pablo, Marcos, Lema, Antonio (Cristian min.45), Iván (Iago min.72), Manu, Brais (Mario min.65), Kike (Pico min.45).

Dumbría: Ángel, Eduardo (Martín Piñeiro min.45), Samuel, Sergio (Rubén min.35), Javier (J. Manuel Blanco min.78), Adrián,  Damián (Rafael min.70), J. Manuel Pérez, M.Antonio, Israel, Martín Pérez.

Goles:  1-0 Brais min.9, 1-1 Damián min.13, 2-1 Manu min.26, 3-1 Brais min.31, 4-1 Brais min.34,5-1 Manu min.80, 5-2 Martín Pérez min.86, 5-3 Martín Piñeiro min.91

Comezou o partido dominando o Corcubión por medio de Brais no minuto 9, pero uns minutos mais tarde, Damián, axudándose dun rebote nun xogador local, poría o empate no marcador, pero Manu no 26 e Brais, por dúas veces nos minutos 31 e 34 puxeron ao Corcubión por diante no marcador, mostrando a superioridade sobre o Dumbría. Este ultimo gol veu dun córner que sacan en corto sen que a defensa se dera conta e Brais foi so cara portería e bateu ao porteiro. Hat-trick do máximo goleador local que suma así 3 goles mais a súa conta particular.

Na segunda metade o Corcubión daríalle minutos aos seus xogadores menos habituais e ate o porteiro local acabaría xogando de xogador. Aínda que o Corcubión se relaxou un pouco, Manu volveu a marcar facendo o seu segundo tanto da tarde, pero a relaxación do Corcubión fixo que o Dumbría se viñese arriba, que recortara a diferenza no marcador e puxo en apuros ao Corcubión que, de seguir uns minutos mais, acabaría empatando o partido.

Moi vos 3 puntos para o Corcubión que se sitúa terceiro pero agora veñen seguidos os rivais fortes nos que debería gañar se queren coller aos dous loitadores polo titulo.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Corcubión 2-1 Outes


Corcubión: Abe, Chema, Marcos, Pablo, Denís, Sergio, Lema, Antonio (David min.56), Manu, Iván, Kike (Mario min.86)

Outes:  Jonathan, Óscar, Alejandro ( Pablo min.87, Juán A. ( Rubén min.79), Alexandre, Alfonso, David, Sergio, Eduardo, Ismael, Adrián Otero (Pablo García min.69)

Goles: 1-0 Lema min.7; 1-1 Óscar min.10; 2-1 Lema min.64

Encontro con moito vento no Novo Cubaleiro que fixo que os dous equipos cometesen erros ao non poder controlar ben o esférico.

Na primeira metade, o Outes era quen tiña o vento a favor e creaba serias dificultades na defensa rival, pero no minuto 7, Marcos saca un córner que peta no longueiro  e na area pequena, Lema remata a pracer. Pero non lle duraría moito a alegría ao equipo de Alfonso xa que 3 minutos mais tarde, un despexe  axudado polo vento pasa sobre o medio campo corcubionés, e Óscar, nun 2 para 1 coa defensa, marca o empate, que duraría toda a primeira parte. Nesta xogada, o equipo visitante pediría penalti sobre o propio Óscar cando ia so cara a portería , e un xogador local faríalle a zancadilla pero o colexiado non o apreciou así.

Xa na segunda parte o Outes quixo ter o balón, e a falta de despexalo, preferiu xogar por raso complicándolle a vida a defensa local. As opcións que tivo o Corcubión foron as de aproveitar a súa velocidade arriba pero, co vento que facía, era o esférico o que corría mais que os propios xogadores. No minuto 64 en outro córner, Lema, desta vez de cabeza no primeiro pau, decantou o partido para o seu equipo e non se volvería mover o marcador, aínda que as dúas escuadras intentaríano, o Outes seguiría facendo xogadas por raso moi perigosas, e o Corcubión con balón en largo e con xogadas a balón parado.

Cabe destacar que o encontro foi moi limpo sen ningunha cartolina por parte de ningún dos dous equipos.

martes, 30 de noviembre de 2010

Muros 2-1 Corcubión


Muros: Santiago Pazos, Bernardo, Pedro, Juan, Javier, Fernando, Jesús (Álvaro min.63), Óscar, Gabriel, Gabriel Álvarez (Sestayo min.88), Santiago Caamaño (Santiago min.70).

Corcubión: Abe, Chema, Marcos, Pablo, Sergio, Lema, Antonio (Roberto min.72), Pico (David min.61), Kike, Brais, Manu (Cristian min.45)

Nefasto encontro dos pupilos de Alfonso que deixou pasar os 3 puntos necesarios para seguir a estela do Soneira e do Santa Comba na loita polo titulo. Agora o Corcubión queda 6º nun grupo onde están en 2 puntos o Mazaricos, Cee, Fisterra e Muros.

O partido comezou  moi ben para o equipo corcubionés xa que no minuto 3 do encontro, Sergio saca unha falta dende case o centro do campo e Brais, controlando primeiro, bateu ao porteiro local. Esta mesma xogada e a que lle esta a dar bastantes goles ao Corcubión, con faltas colgadas dende o medio campo e rematadas a gol. Pero nun despiste da defensa do Corcubión aproveitouna  Jesús para marcar no minuto 25 e en outro despiste tras un córner seria xa no minuto 45 cando Javier dende a frontal deixaría o marcador final favorable para o Muros.

A segunda metade seria un ir e vir de ambos equipos e o partido quentaríase pola actuación do colexiado, que xa non pitara un penalti para o equipo da vila de San Marcos na primeira metade,  xa que deixaba o xogo sucio sen amosar cartóns ou amosalos pero amarelos en vez de vermellos. O equipo corcubionés non seria capaz de remontalo partido e o Muros quedaría con 9 xogadores tralas expulsións de Óscar e Álvaro nos últimos 5 minutos. Cabe destacar que o colexiado puxo 8 minutos de desconto polas continuas perdas de tempo do porteiro muradán,  que xa vira un cartón amarelo por collelo balón coas mans fora da area, sen amosarlle a segunda cartolina amarela por perda de tempo.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Corcubión 2-2 Fisterra



Corcubión: Yago, Chema, Marcos, Sergio, Pablo, Lema, Antonio (Cristian min.88), Iván (Kike min.45), Pico (David, Manu Lira, Manu Fis

Fisterra: David, Roberto, Jose M., Manuel (Francisco min.46), Jorge, Juan M., Bruno, Martín (Juán F. min.88), Cistian (Enrique min.85), Jesus G.

Expulsados:
Corcubión: Manu Lira por dobre amonestación tras dúas faltas consecutivas sen acabar a xogada.
Fisterra: Jorge e Jesus por dobre amonestación, Francisco por insultar ao colexiado e o delegado do equipo fisterrán por dobre amonestación.

Goles: 1-0 Pico, 2-0 Jorge p.p., 2-1 Carlos, 2-2 Carlos

Partido disputado entre dous equipos de localidades con tradición mariñeira como son Corcubión e Fisterra.

Pouco tardaría en marcar o equipo de Alfonso xa que nunha falta directa seria Pico o que marcaría tralo rexeite do porteiro visitante. Viríase arriba o equipo fisterrán pero non seria capaz de marcar na primeira metade.

Na segunda metade seria cando chegaría o importante do partido. O Corcubión volvería marcar esta vez en propia porta un xogador da vila do Cristo pero pouco despois cambiarían as cousas cando o colexiado expulsou o xogador corcubionés e seria cando o Fisterra se viría arriba marcando de penalti, feito por Sergio a un xogador fisterrán no minuto 8 da segunda metade. No minuto 17 seria Jorge o expulsado polo equipo dirixido por Senra pero no minuto 25 Carlos marcaría o seu segundo gol da tarde tras un rexeite da defensa local. Quedaría en discusión a actuación do colexiado trala expulsión de 2 xogadores mais fisterráns pero non seria capaz d marcar o equipo de Alfonso pese a ter superioridade numérica.

lunes, 15 de noviembre de 2010

U.C. Cee 1-2 U.D. Corcubión

U.C. Cee: Sergio, Jose R, Jose A, Rubén, Aitor (Javier min.21) (Santiago min.85), Armando, Ismael (Adrian), Diego, Javier, Sergio, Carlos
U.D. Corcubión: Abelleira, Chema, Sergio, Marcos (Denís min.75), Iván (Enrique min.45), Lema, Antonio (Cristian min.88), Pico (David min.41), Brais, Manu de Lira

Partido condicionado pola choiva e polo vento o disputado na vila da Xunqueira.
O partido comezou co vento a favor do Corcubión pero non seria capaz de chegar á porteria o equipo de vila de San Marcos ainda que poria en apuros nalgunha ocasion ao equipo local.

Pero non seira ata o descanso cando o forte vento e a choiva entrara en accion. Un vento que faria vir arriba ao Cee e tocarialle defenderse ao Corcubión. Pero foi o Corcubión, cando tiña o vento en contra e a situación mais dificil, o que primeiro marcou por medio de Brais ao comezo da segunda metade na que quedou Iván nos vestiarios e entraria no seu lugar Enrique. Nun corner a favor do Cee seria cando Diego Cespón marcaria de gol olímpico axudado polo vento, despois de desaproveitar moitas ocasions rexeitadas polo porteiro e polo longueiro. O Cee vense arriba e foi a polo partido aproveitando o vento e o seu coñecemento do campo. Pero seria Enrique, que revolucionou o partido coa súa entrada, o que marcaria o segundo para o equipo de Alfonso, tras un pase de Lema que foi moi discutido polo equipo de Jose Carlos polo posible posicion ilegal de Enrique. Suma asi o equipo corcubionés 3 puntos moi bos para seguir a caza dos dous de arriba que están, Soneira e Santa Comba, a 8 e 6 puntos respectivamente.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Corcubión 2-4 Soneira


Corcubión: Abelleira, Chema, Marcos, Sergio, Pablo, Lema, Antonio, Pico (Manu de fis min.60), Iván (David), Brais, Manu de Lira

Soneira: Javier, Vicente, Marcos, Sergio, Alberto, Daniel, Fernando, Cristian Canosa, Bastian, Cristian Álvarez, Ismael

Goles: Manu de Lira, Sergio por parte do Corcubión e Bastian, Alberto, Jesús e Pablo (p.p.) polo Soneira

Partido igualado o disputado no Novo Cubaleiro no que os dous equipos comezaron moi forte pero foi a pegada do actual líder o que decidiu o encontro.
Na primeira metade houbo moitas ocasións de gol e foi onde chegaron os dous goles locais e un visitante. Foi nesta primeira metade onde se veu que estes dous equipos non pertencen a parte baixa da táboa e demostrárono con moito nivel e moitas ocasións colectivas.
Pero foi na segunda parte onde se decidiu o partido, empatando primeiro o equipo de Miguel e marcando o terceiro gol aos poucos minutos. O Corcubión non se ven abaixo e foi a polo partido pero  seria o arbitro Don Ricardo Silva Pérez o que desquiciaría aos dous conxuntos xa que por as mesmas accións sinalaba o contrario dependendo do momento, e foi nunha destas accións cando o colexiado fixo que o Soneira marcara o cuarto gol cando o porteiro local dispóñase a sacar unha falta e pedía pasos ao colexiado, este nin conta se deu e o porteiro sacou rápido molestando o xogador visitante o saque dese libre directo ao non estar a unha distancia reglamentaria. Como podemos ver na mesma acta a clave numero 8 para a mostra dunha tarxeta amarela di textualmente “No respetar la distancia regulamentaria en la ejecución de un libre directo” e tamén podemos ver como algún xogador no partido veu amarela por ese motivo e nese momento non decidiu amosala. O peor foi a explicación do arbitro aos xogadores “Si pide pasos y no los cuento y saca antes que se busque la vida” ademais de expulsar a un xogador visitante por dobre cartón amarelo cando un deles o xogador nin estaba na acción pero veu a tarxeta igual e en outra acción na que o colexiado ve unha patada dun xogador deixa seguir dicindo que despois mételle tarxeta amarela pero ao acabar a xogada non a ensina xa que “Eso fue hace mas de 2 jugadas”

lunes, 1 de noviembre de 2010

Esteirana 0-2 Corcubión

Esteirana 0-2 Corcubión
Dia: 30/10/10
Hora: 16.00h
Campo: José Luís Vara (Esteiro)

Esteirana: Adan, Nicolás (Adrián min.46), Diego, Abel, Agustín, Eloy (Santiago min.79), Agustín Dosil (Alberto min.83), Jacobo (Ramón min.87), Bruno, Javier (Xavier min.87), David.

Corcubión: Abelleira, Chema, Marcos, David (Lema min.30), Pablo, Sergio, Iván, Pico (Enrique min.60), Antonio, Manu lira (Cristian min.87), Brais.

Partido frouxo o disputado na localidade de Esteiro e condicionado pola choiva e vento que azoutaba esta ponte na Costa da Morte. O partido comezaba con ocasións para os dous equipos, pero era o equipo de Daniel o que mais se acercaba a portería contraria aproveitándose do vento a favor. O equipo visitante reaccionou un pouco coa entrada de Lema por David antes do descanso e foi capaz de protexer a súa portería no tempo que quedaba e tamén de probar ao porteiro local cun par de xogadas dos homes de arriba.
Despois do descanso o partido trocou de protagonista e foi o Corcubión o que foi o ataque pero o equipo local tampouco desaproveitou as ocasión que lles regalaba a zaga visitante. Nunha falta indirecta ao borde da area ficho que Manu abrise o marcador cun tiro raso que bateu ao porteiro local a falta de media hora para o final do partido. Pouco despois chegaría a expulsión do visitante Enrique, que acababa de entrar, nunha xogada na que o equipo de Alfonso pedía penalti sobre o xogador corcubionés pero o colexiado non asubiaría nada e o xogador visitante revolveríase e lanzaríalle unha patada ao xogador visitante cando o esférico non estaba en xogo. Tiña que aguantar o equipo de Alfonso con 10 xogadores o que lle quedaba de partido pero non se viñeron abaixo e foi outra vez Manu quen volveu a marcar tras un rexeite do gardamallas local que o deixaría para marcar a porta baldeira. O marcador non se volveu a mover aínda que os xogadores locais intentaron por varias veces perforar a portería visitante pero foi Abelleira o que impediu que ocorrese.

martes, 26 de octubre de 2010

Corcubión 3-0 Mazaricos




Corcubión: Abelleira, Chema, Marcos, Pablo, Sergio, David, Iván, Antonio,  Pico (Enrique  min.70), Manu lira, Brais (Mario min.85)
Mazaricos: Rubén (David min.87), Esteban, Alejandro, Mario, Javier (Adrián min.65), Alberto (Kevin min.61), Sergio (Mario Blanco min.83), Cristian (Luis min.75), Daniel, David Lado, Mario Núñez.

Partido fácil para o equipo local aínda que custou meter o primero gol xa que chegou ao borde do descanso, aínda que non foi por ocasión senón que a falta de puntería fixo imposible chegar ao descanso cun marcador mais avultado. O gol nace nunha contra na que Brais dende o pico da area golpea e bate ao porteiro que non foi capaz de atallar o balón. Na segunda metade o Corcubión foi a mais e rematou o partido con goles de Manu e Abelleira de penalti.

lunes, 18 de octubre de 2010

Corcubión 1-2 santa comba


Corcubión: abelleira, chema (denís min.25), marcos (mario min.85), pablo, sergio, david (juanfran min.80), ivan, pico (roberto min.65), manu, enrique (manu lira min.46), brais

santa comba: fabio, martín, sergio (gabriel min.69), daniel, francisco, javier (jose manuel min.79, marcos, diego, alex (christian min.66), pablo (alejandro min.59), eloy

Partido igualado o disputado en Corcubión coa presenza de moi poucos afecionados. Na primeira metade o Corcubión defendeuse do asedio visitante con voas paradas do gardamallas local. Nos minutos finais da primeira metade unha falta tirada por Brais bate ao porteiro polo seu lado e coloca o marcador favorable para o Corcubión. cabe destacar que o Corcubión tivo que facer un troco no minuto 25 tras un choque fortuíto entre 2 xogadores que fixo que o local non poidese seguir.
Nada mais comezala segunda metade o santa comba pon as táboas no marcador tras culminar unha boa xogada e bater ao porteiro nunha saída.Pouco despois o santa comba volveu a marcar tras un erro na defensa e o marcador non se volveu a modificar. Nos últimos instantes do encontro o Corcubión asediou a portería rival pero o porteiro visitante fixo o imposible para que o seu equipo gañase.