lunes, 10 de enero de 2011

Mazaricos 3-6 Corcubión

Mazaricos: Rubén, Alejandro, Adrián, Esteban (Jose Manuel min 38), Mario Carballo, Alberto, Mario Núñez, Luís, Cristian, David, Mario Blanco

Corcubión: Iago, Chema (Denís min 63 (Zaca min 84)), Sergio, Pablo, Marcos, Gabi, Toni (David min 45), Iván (Cristian min 77), Lema, Brais (Kike min 86), Manu

Goles:  Cristian (2) e Mario Núñez polo Mazaricos e Brais (2), Manu (2), Lema e Cristian polo Corcubión

Expulsións: Alejandro por dobre cartón amarelo, David por cartón vermello directo e o adestrador por dobre cartón amarelo todos eles do Mazaricos.

Partido con moita choiva nun campo que non daba abasto a expulsala auga do terreo de xogo. Comezou o partido cun gol do Mazaricos nun mal entendemento entre a defensa visitante e o seu porteiro no minuto 2 de partido. O estado do terreo de xogo estaba moi anegado e facía que o esférico fose con moita rapidez creando serios problemas aos dous equipos. Nun destes balóns rápidos, Manu fixo o primeiro gol visitante no minuto 25 e dispuxo, tanto el como Brais, de por o seu equipo por diante no marcador. Foi Brais, o goleador do equipo nas últimas xornadas, o que 11 minutos mais tarde desta vez si poría o 1-2 no marcador. Este foi o resultado ate chegar ao descanso aínda que ambos conxuntos tiveron moitas oportunidades para perforala rede. 

Nada mais pitar o colexiado o inicio da segunda metade, aos 20 segundos, o Mazaricos volvería por o marcador en táboas cun bo gol dende fora da área, que toca no porteiro e logo entra na portería tocando primeiro no pau. Non durou moito a alegría polo gol xa que Brais, o se segundo gol da tarde, volveu marcar nunha xogada rápida aos 2 minutos, aínda que o Mazaricos volvería marcar nun despexe do porteiro da vila de San Marcos que queda no punto de penalti e fusila libre de marca. O Corcubión aproveitouse do estado do terreo do xogo e da rapidez dos seus homes de arriba que puxeron an apuros a defensa local, ademais a presión exercida sobre a defensa, obrigándoa a cometer erros. Nun destes erros Lema, aproveitando a súa velocidade sobre a defensa , volvería a adiantar ao seu equipo. A defensa local seguía cometendo erros en un saque de banda rápido, Manu faría o seu segundo gol da tarde cando se encontraba so contra o cancerbeiro. Co partido mo protestado polo Mazaricos, dada a mala actuación do colexiado nalgunhas xogadas clave, ademais da expulsión de 2 xogadores e o adestrador. Xa co partido case rematado, Cristian estreábase como goleador e metería o sexto gol  tras un córner.

A acta do partido recolle que trala expulsión do adestrador, este negouse nun primeiro momento a abandonalo terreo de xogo, ademais de proferir ameazas contra o colexiado, que pediu ao adestrador visitante, nese intre o actual delegado pola expulsión no anterior encontro do adestrador Alfonso, que chamase a Garda civil para o final do partido xa que temía pola súa seguridade, aínda que logo non apareceron por non localizar o campo, pero non houbo altercados ao final do encontro. Tamén recolle a acta que o adestrador local negouse nun primeiro intre a abrirlle a porta dos vestiarios ao colexiado aínda que despois accedeu. Parece que lle pode caer unha boa sanción ao clube e tamén unha multa económica.

Cabe destacar a boa actuación da recente fichaxe corcubionesa de Gabi, o que fai que Lema poida desenvolver as súas funcións na banda que e onde mellor se adapta, aumentando a velocidade do equipo na parte dianteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario