lunes, 21 de febrero de 2011

Outes 3-6 Corcubión


OUTES: Jonathan, Óscar, Adrián (Rubén), Alexandre, Juan, Alfonso, Pablo (Adrián Nieto), Sergio, Eduardo, Ismael, David

CORCUBIÓN: Abe, Chema (Zaca), Sergio (Cristian), Pablo, Marcos, Gabi, David, Iván, Lema (Toni), Brais, Manu

GOLES: Manu(2), Iván, Brais, Sergio e Lema por parte do Corcubión e Eduardo(2) e Ismael por parte do Outes.
 
Partido fácil para o equipo de Alfonso que no minuto 38 xa ia gañando 0-5 ante un Outes moi baixo en defensa. Os goles chegaron de varias maneiras, de penalti, á contra e ate dunha falta sacada dende a liña de medio campo por Sergio  coa axuda dun porteiro local que non foi capaz de atrapar o esférico.
 
Na segunda metade o Corcubión volveu marcar no minuto 15 o 0-6 pero nuns minutos de despiste e relaxación o Outes recortou as distancias en 1 minuto con 2 goles por medio de Eduardo e Ismael. Nos minutos finais o Outes volveu marcar por medio de Eduardo que puxo o 3-6 definitivo no marcador.


Agora ambos equipos enfrontaranse na copa a semana próxima.

lunes, 14 de febrero de 2011

Corcubión 3-1 Muros


CORCUBIÓN: Abe, Chema (Zaca), Sergio, Pablo (Cristan), Marcos, Toni (Pico), Gabi,  Iván, Lema, Brais, Manu (Mario)

MUROS: Santiago Lamela, Santiago Horta (Modesto), Pedro (Óscar), Javier, Juan, Fernando, Álvaro (Santiago Caamaño), Jesús, Gabriel Hermida, Gabriel Álvarez, J. Domingo (Iván)

Goles: Javier por parte do Muros e Lema, Manu e Abe por parte do Corcubión.
 
Partido difícil na primeira metade, na que o Muros adiantouse no marcador por medio de Javier  no minuto 30 pero, 5 minutos mais tarde, Lema puxo o empate a un partido sen moitos acercamentos as dúas áreas. Neste encontro o Corcubión contaba con varias baixas por mor de lesións e sancións.

Na segunda metade, os dous equipos  foron mais ao ataque pero sen ter ocasións moi claras. No minuto 22 da segunda metade, Manu o goleador do equipo de Alfonso, puxo o gol que daba a confianza ante un rival directo pola terceira praza. Tivo mais accións por medio de Brais, Lema ou o propio Manu, pero seria un penalti o que poría o 3-1 definitivo, desta ocasión o porteiro local, Abelleira, foi quen decidiu tiralo con convicción aínda que case llo para Santiago Lamela.
 
Ao final 3-1, un resultado que fai que o Corcubión siga na terceira praza 1 punto por riba do Cee a falta de disputar unha xornada. O Fisterra so poderá loitar pola quinta praza co Muros e o Corcubión, se gaña contra o Outes, será terceiro faga o que faga o Cee contra un Soneira que ven de perdela liga.

lunes, 7 de febrero de 2011

Fisterra 3-3 Corcubión

 
FISTERRA: Crivi, Roberto (Enrique), Manuel (David), Jorge, Juan, Tati, Martín(Fran), Juanfran (José), Cristian (Iski), Bruno ,Carlos.

CORCUBIÓN: Abe, Chema, Sergio, Pablo, Marcos, David, Gabi, Iván (Pico), Toni(Zaca), Manu L., Manu F.(Kike)

GOLES: 0-1 Manu L. min.16; 1-1 Carlos min.48; 1-2 Manu F. min.50; 2-2 Tati min.60; 2-3 Manu L. min.80; 3-3 Bruno min.82

EXPULSIÓNS:  David do Corcubión por dobre amoestación.
Igualado o partido xogado en terras fisterrás. Moi prontiño no minuto 16 adiantábase o Corcubión por medio de Manu de Lira, no minuto 16 da primeira metade nunha das primeiras ocasións que dispuxo o equipo dirixido por Alfonso que contaba coas baixas de Lema lesionado e Brais sancionado. Dispuxo tamén o equipo de Senra de ocasións para perforar a portería defendida por Abelleira, pero entre o acerto do gardamallas e a mala definición non o conseguiron.

Na mais comezar  a segunda metade, Carlos fixo o 1-1 no marcador pero o fisterrán Manu, xogando contra o equipo da súa vila, volveu adiantar a un Corcubión que se puxo 1-2 no minuto 50 da segunda metade.  Unha falta na frontal da área foi botada maxistralmente por Tati meténdoa pola escuadra sen dar opcións ao porteiro 5 minutos despois do gol visitante.
Houbo ocasións dispares para ambos equipos pero, Manu de Lira outra vez volveu a marcar para poñer o 2-3. Como pasou anteriormente, tras marcalo gol visitante chegou a resposta local por medio de Bruno nun erro da defensa cando quedaban 8 minutos para o remate do encontro.

Ao final 3-3 no marcador entre os equipos de dous pobos próximos e con representación fisterrá no equipo da vila de San Marcos, o que supoñía unha motivación extra para eses xogadores ao ter que enfrontarse con ex compañeiros.

lunes, 31 de enero de 2011

Corcubión 0-0 Cee




Corcubión: Abe, Chema (Denís min.60), Sergio, Pablo, Marcos, David, Gabi, Iván (Kike min.51), Lema, Brais, Manu L. (Manu F. min.70 (Cristian min73))

Cee: Sergio, J. Ramón, Ismael Trinidad, Rubén, Iago, J. Antonio, Isma Lamela (Armando min.55), Diego , Uri, Sergio, Chiru (Javier Corbelle min.78)

Lesións: O xogador fisterrán do Corcubión Manu que tivo que retirarse aos 3 minutos de entrar.
 
Expulsións: Brais no minuto 30 por dobre amoestación, a primeira por encararse co público e a segunda por protestar.

Emocionante derbi o disputado na vila de San Marcos. Enfrontábanse o terceiro e o cuarto clasificado nun encontro con bastante presenza de público das dúas vilas. Foi un derbi de mais duro que de bo xogo que quentou tanto á grada como aos xogadores.

A primeira metade comezou co Cee incomodando á defensa local con continuos ataques contra a portería que defendían , nun córner, o Cee estivo a piques de adiantarse tras un cabezazo ao pau. O partido xa estaba quente entre os xogadores ao tratarse dun duelo entre dúas vilas colindantes, pero a grada aínda quentaba mais se podía ser posible aos xogadores, a isto ven a expulsión do local Brais por encararse co público no minuto 30. A todo isto o Corcubión dispuxo de algunha oportunidade de inquietar ao meta da vila da Xunqueira.

Na segunda metade, as cousas seguiron iguais, ambos equipos dispuxeron de boas ocasións, mais o Cee que o Corcubión. Abelleira salvou en varias ocasións ao seu equipo demostrando a calidade que ten. Ao final 0-0 que deixan as cousas iguais o Cee segue a 1 punto do Corcubión pero agora o Fisterra esta a 2.

lunes, 24 de enero de 2011

Soneira 2-1 Corcubión

Soneira: Víctor, Vicente, Cesar (Marcos min.55), Sergio, Alberto, Daniel (Jesús min.68), Fernando, Cristian (Alberto Caamaño min.80), Basti, Cristian Álvarez, Ismael

Corcubión: Abe, Chema (Zaca min.70), Sergio, Pablo, Marcos, Iván (David min.45), Toni (Pico min.60), Gabi, Lema, Manu, Brais (Cristian min.64)

Goles: 1-0 Cristian min.27, 2-0 Basti min.40, 2-1 Manu min.44

 Encontro disputado entre o primeiro e o terceiro clasificado do grupo 3 da Primeira Autonómica Xuvenil. Un encontro no que puidemos ver un gran partido entre ambos conxuntos a pesar do vento e frío que azoutaron este pasado fin de semana en Galicia.

Na primeira metade ambos conxuntos foron a demostrar o seu poderío futbolístico con grandes oportunidades de gol en ambas porterías. No 28, un balón que queda no borde da área, é golpeado por Cristian pasándolle por entre as pernas ao porteiro visitante. 13 minutos despois, o goleador soneirán, Basti, fixo o 2-0 tras unha mala falta sacada polo Corcubión na frontal da área local, o rexeite quédalle o Soneira, que tras unha contra ben sacada, puxo a clara vantaxe no marcador. Catro minutos mais tarde, Manu, aproveitando a velocidade do equipo dirixido por Alfonso, marcou facendo posible unha remontada dos da vila de San Marcos.

Tralo descanso o Corcubión veuse arriba, véndose capaz de marcar mais goles e aproveitando o vento a favor. Non se moveu o marcador no que quedaba de partido, aínda que se dispuxeron de moitas ocasións pero os cancerbeiros defenderon a súa zona perfectamente.

Ao finalizar o partido, houbo pequenos rifirrafes entre os dous equipos trala tensión do encontro, aínda que o colexiado non anotou nada na acta, xa que marchou para o vestiario sen que os dous equipos entrasen diante del e cun xogador tendido no céspede por mor dunha lesión. A todo isto, o Corcubión xa presentou as alegacións pertinentes contra o colexiado pola súa actuación ao rematalo encontro.

lunes, 17 de enero de 2011

Corcubión 4-1 Esteiro


Corcubión: Lema, Chema, Pablo, Toni, Marcos, Iván (Mario min.70), Gabi, Cristian, Manu de Lira, Brais (Kike min.45), Manu de Fis.

Esteiro: Adán, Manuel (Pablo min.55), Diego (Nicolás min.53), Abel, Santiago, Jacobo, Javier, Adrián (Alberto min.57), David, Agustín (Xabier min.68).

Goles: 1-0 Cristian min.13; 2-0 Brais min.33; Manu de Lira min.67; 3-1 Pablo p.p. min.84; 4-1 Mario min.88

 Expulsión: o xogador visitante Abel no minuto 71 por cartón vermello directo e iso que xa tiña un cartón amarelo.


Encontro moi cómodo para o conxunto de Alfonso que pese a que tiña ate 8 baixas, demostrou ser un equipo que está a esperar o fallo dos dous de arriba para acercarse. Cabe destacar que desas 8 baixas, entre sancións, lesións e convocatorias co primeiro equipo, o Corcubión non dispoñía de ningún porteiro e tivo que ser Lema o que tivo que xogar nesa posición.

Na primeira metade o Corcubión nos primeiros minutos tivo varias ocasións para marcar pero sería Cristian, que leva xa dous partidos consecutivos marcando, o que abriría a lata. Seguiu atacando o conxunto local que non deixaría que o Esteiro tirase á portería defendida por Lema neste encontro. No minuto 33 outro gol máis do máximo goleador local. Brais poría o definitivo 2-0 ate chegar ao descanso. O propio Brais tivo que ser substituído no minuto 45 tras unha entrada brutal dun xogador visitante que si o colle ben podería facerlle moito dano. 

Xa na segunda metade o Esteiro seguía a facer un xogo duro para parar a velocidade local pero Manu de Lira facía o terceiro gol que daba a tranquilidade aos seareiros locais. No minuto 71 o xogador Abel, o mesmo que lesionou a Brais na primeira metade, foi expulsado por cartón vermello directo por outra xogada de xogo duro do equipo local que non se xogaba nada e aliñou aos seus dous xogadores sancionados, aínda que o equipo local non reclamase polo resultado obtido. No minuto 39 da segunda metade, o Esteiro recortaría o resultado tras un gol de Pablo en propia porta pero a falla de 2 minutos para o final, a grada viuse abaixo có gol de Mario, que está a contar con moi poucos minutos pero que nunca despreza eses minutos que disputa.

lunes, 10 de enero de 2011

Mazaricos 3-6 Corcubión

Mazaricos: Rubén, Alejandro, Adrián, Esteban (Jose Manuel min 38), Mario Carballo, Alberto, Mario Núñez, Luís, Cristian, David, Mario Blanco

Corcubión: Iago, Chema (Denís min 63 (Zaca min 84)), Sergio, Pablo, Marcos, Gabi, Toni (David min 45), Iván (Cristian min 77), Lema, Brais (Kike min 86), Manu

Goles:  Cristian (2) e Mario Núñez polo Mazaricos e Brais (2), Manu (2), Lema e Cristian polo Corcubión

Expulsións: Alejandro por dobre cartón amarelo, David por cartón vermello directo e o adestrador por dobre cartón amarelo todos eles do Mazaricos.

Partido con moita choiva nun campo que non daba abasto a expulsala auga do terreo de xogo. Comezou o partido cun gol do Mazaricos nun mal entendemento entre a defensa visitante e o seu porteiro no minuto 2 de partido. O estado do terreo de xogo estaba moi anegado e facía que o esférico fose con moita rapidez creando serios problemas aos dous equipos. Nun destes balóns rápidos, Manu fixo o primeiro gol visitante no minuto 25 e dispuxo, tanto el como Brais, de por o seu equipo por diante no marcador. Foi Brais, o goleador do equipo nas últimas xornadas, o que 11 minutos mais tarde desta vez si poría o 1-2 no marcador. Este foi o resultado ate chegar ao descanso aínda que ambos conxuntos tiveron moitas oportunidades para perforala rede. 

Nada mais pitar o colexiado o inicio da segunda metade, aos 20 segundos, o Mazaricos volvería por o marcador en táboas cun bo gol dende fora da área, que toca no porteiro e logo entra na portería tocando primeiro no pau. Non durou moito a alegría polo gol xa que Brais, o se segundo gol da tarde, volveu marcar nunha xogada rápida aos 2 minutos, aínda que o Mazaricos volvería marcar nun despexe do porteiro da vila de San Marcos que queda no punto de penalti e fusila libre de marca. O Corcubión aproveitouse do estado do terreo do xogo e da rapidez dos seus homes de arriba que puxeron an apuros a defensa local, ademais a presión exercida sobre a defensa, obrigándoa a cometer erros. Nun destes erros Lema, aproveitando a súa velocidade sobre a defensa , volvería a adiantar ao seu equipo. A defensa local seguía cometendo erros en un saque de banda rápido, Manu faría o seu segundo gol da tarde cando se encontraba so contra o cancerbeiro. Co partido mo protestado polo Mazaricos, dada a mala actuación do colexiado nalgunhas xogadas clave, ademais da expulsión de 2 xogadores e o adestrador. Xa co partido case rematado, Cristian estreábase como goleador e metería o sexto gol  tras un córner.

A acta do partido recolle que trala expulsión do adestrador, este negouse nun primeiro momento a abandonalo terreo de xogo, ademais de proferir ameazas contra o colexiado, que pediu ao adestrador visitante, nese intre o actual delegado pola expulsión no anterior encontro do adestrador Alfonso, que chamase a Garda civil para o final do partido xa que temía pola súa seguridade, aínda que logo non apareceron por non localizar o campo, pero non houbo altercados ao final do encontro. Tamén recolle a acta que o adestrador local negouse nun primeiro intre a abrirlle a porta dos vestiarios ao colexiado aínda que despois accedeu. Parece que lle pode caer unha boa sanción ao clube e tamén unha multa económica.

Cabe destacar a boa actuación da recente fichaxe corcubionesa de Gabi, o que fai que Lema poida desenvolver as súas funcións na banda que e onde mellor se adapta, aumentando a velocidade do equipo na parte dianteira.